Do you like Nikon at Jones Beach Theater?


Dios Ke Te Crew
11 maio ·21:00h
12€ (+ gastos) Adiantada / 15€ Taquilla / Adiantada + CD: 20 € / Taquilla + CD: 24 €
Venta de entradas:  www.ticketea.com


Despois de anunciar o seu retorno nesta primavera de 2019 e logo do lanzamento do seu video-single “Silenciø” no decembro pasado de 2018 xerando unha tremenda espectación, por fin,
Dios Ke Te Crew anuncia a súa volta ós escenarios coa presentación en primicia do seu novo disco "O Ciclo da Serpe”.  Unha única presentación oficial en salas e unha cita especial onde poderás desfrutar dun show moi singular que se aveciña como irrepetible… (colaboracións especiais, sorpresas…).
"O Ciclo da Serpe” é o traballo que suporá a materialización do seu tan agardado retorno e o terceiro longa duración da xa mítica e aclamada banda galega de hip hop.
Unha oportunidade única, ademais, para facerte co seu novo disco en formato físico por un prezo especial e antes do seu lanzamento en tendas. O sábado 11 de maio, tes unha cita co Señor na Sala Capitol, Santiago de Compostela.