Do you like Nikon at Jones Beach Theater?


Tiruleque
17 febreiro · 21:30
5€ (+ gastos) anticipada / 8€ taquilla
Venta de entradas: www.salacapitol.com / A Reixa Tenda / Taquilla Praza de Ourense (A Coruña)


Tiruleque presenta en “Outro que tal baila”, o seu terceiro traballo discográfico, un repertorio orientado á música de festa e de baile, explorando novas posibilidades partindo da música galega. O título do álbum significa  unha auténtica declaración de intencións, xa que define perfectamente o espírito deste grupo que, disco tras disco, busca promover música bailable con pura raíz galega.
Tiruleque naceu como banda en 2002, ano no que se reuniron cinco rapaces procedentes da música tradicional e cunhas inquedanzas musicais compartidas. A partir de entón, o proxecto musical iniciouse como quinteto tradicional que mesturou ás fontes da tradición da música galega -tanto a través de recollidas como recorrendo aos cancioneiros- con outras moitas influencias e procurando unha evolución que ao longo dos anos empurrou o grupo a incorporar distintos instrumentos cos que levar máis alá esa tradición. Dese xeito, o grupo conseguiu acadar maior expresión, maiores  posibilidades e un son propio que se plasma nos discos autoproducidos Tiruleque (2009), Mu!! (2013) e agora Outro que tal baila (2018). Co seu repertorio, TIRULEQUE leva percorrido a xeografía galega e estatal, deixando constancia da calidade os seus directos coa participación en festivais de recoñecido prestixio, como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Pardiñas ou Beltaine -Avilés Intercélticu. A nivel internacional participou representando a Galicia no 41º Festival Intercéltico de Lorient. Tamén ten compartido escenario con artistas da talla de Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Uxía, Treixadura, Quempallou ou Kepa Junkera, entre outros.
Na actualidade, o grupo está composto por Antón Bueno (contrabaixo), Álex Fente (acordeón), Luís García (bombo con pratos, percusións e coros), Miguel Horjales (caixa, percusión, coros), Serxo Núñez (clarinete, gaita, percusións voz), Fernando Román (Saxo, clarinete, trompeta) e José A. Vázquez, (Gaita, saxo, percusións).