Do you like Nikon at Jones Beach Theater?

Brais Morán
29 abril · 19.15
6€ (+ gastos) anticipada / 8€ taquilla
Venta de entradas: www.ticketea.com


Brais Morán comezou na música en galego no ano 1997 cando tiña catorce anos co grupo Zumbido. Despois lideraría a formación Loretta Martin, que dende o 2002 ata o 2013 foi o referente da música funk feita en galego. Con Loretta Martin ten publicado tres discos: Loretta Martin (Falcatruada, 2005), Paraíso Distante (Falcatruada, 2007) e Despois da mandinga (Autoeditado, 2012). Nese tempo percorreu os escenarios de toda Galiza e tamén Portugal. Ademais das súas bandas, ten traballado tamén en teatro como músico de directo, selector musical, creador de espazo sonoro e actor-músico en diversos espectáculos de compañías como o Centro Dramático Galego ou Teatro do Noroeste. En 2015 comeza a súa andaina baixo o seu propio nome co disco Cruzando o eclipse (The Borderline Music, 2015), coproducido con Arturo Vaquero e no que contou coas colaboracións do seu maior referente, Fran Pérez Narf, e Belém Tajes (Luar na Lubre, VooDoo). Agora chega No Mato do desespero, o seu novo traballo onde agroman tódalas influencias das que se veu alimentando ao longo da súa traxectoria: o rock, o funk, a música africana, a música brasileira, a tradición galega e as súas orixes na Costa da Morte,  ceibando unha identidade músical única e honesta.