Do you like Nikon at Jones Beach Theater?


A Banda da Loba
8 decembro · 21:00h
5€ anticipada
Venda de entradas en Ticketea.com e Trisquel Artesanía (R/ Acibechería)


Integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas como Celso Emilio ou Manuel María ou outros textos tomados dos poemarios de poetas máis novas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra.
O seu primeiro traballo discográfico sairá á luz a finais deste 2017 baixo o título "Bailando as rúas".